Graduado/a en ciencias ambientais ou Diplomatura / Enx. Técnica (Océano, Ambiental) para modelización mediante modelos Iber+

Denominación do proxecto ou actividade: Servizo técnico para migración e adaptación de modelos hidráulicos de estudos de zonas inundables existentes na cunca Miño-Sil ao software de libre distribución IBER, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e resiliencia financiado

Investigador principal: Ramón Gómez Gesteira

Liña de investigación: Adaptación de modelos hidráulicos, hidrolóxicos e hidrodinámicos

Referencia: CO-0051-2024

Departamento: T08 Física aplicada

Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Persoal técnico medio de apoio para modelado de eventos hidrolóxicos extremos e adaptación de modelos numéricos

Funcións a realizar: Modelización mediante modelos Iber+

Retribución bruta mensual: 1.575,00 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)

Categoría laboral: Persoal técnico medio de apoio á investigación

Centro de traballo: OURENSE – Edificio CAMPUS AUGA

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en ciencias ambientais ou Diplomatura / Enx. Técnica (Océano, Ambiental)

Méritos a valorar:

  • Formación: Diplomatura / Enx. Técnica (a valorar): Master Clima e / ou Ciencias da Terra – Licenciatura/grao en ciencias ambientais. (a valorar): Idiomas: Inglés B2, Galego CELGA 4
  • Experiencia nas actividades ofertadas, Coñecementos en programación, MATLAB, QGIS, Bilko, Rstudio, IBER, HEC-HMS
  • Outros méritos relacionados coas tarefas a desenvolver. Muestreo, Buceo, Navegación.
  • Entrevista

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)