Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación
Investigadora principal: María Cristina Sobrino García
Liña de investigación: Procesos microbianos en Oceanografía Biolóxica
Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal
Partida orzamentaria: Segundo addendas ao contrato
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida
Número de prazas: 1
Traballo a realizar: Avaliación do risco climático asociado á acidificación costeira e os seus impactos no sector pesqueiro galego, con estudos de caso na Ría de Vigo e na Ría de Muros-Noia.
Funcións a realizar: Apoio no deseño e execución dunha avaliación de risco climático adaptada ao contexto socioecolóxico das Rías Baixas. Participación na identificación de servizos ecosistémicos e grupos sociais vulnerables. Recompilación e análise de información sobre indicadores de exposición, sensibilidade e capacidade adaptativa. Contribución á análise e interpretación dos resultados e elaboración de informes técnicos. Deseño e implementación de ferramentas de recollida de datos. Incorporación transversal da perspectiva de xénero en todos os produtos do proceso de avaliación de risco climático. Apoio na planificación, coordinación e execución do programa de divulgación do proxecto: obradoiros, charlas, materiais informativos e actividades cos colectivos locais. Redacción de contidos divulgativos e colaboración na xestión das redes sociais e da web do proxecto. Participación na organización do obradoiro xeral do proxecto con científicos, representantes institucionais e actores sociais.
Retribución bruta mensual: 1.802,50 € (incluído o prorrateo das pagas extraordinarias)
Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se estableza na mesma
Xornada laboral: Tempo completo (37.5 horas/semana)
Categoría laboral: Persoal investigador non doutor
Centro de traballo: VIGO- C.A.C.T.I.
Duración do contrato: Indefinida
REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS
Titulación requirida: Mestrado en ecoloxía mariña, recursos naturais, cambio climático, xestión sostible, ciencias ambientais ou campos afíns
Méritos a valorar:
- Formación académica e coñecementos de linguas estranxeiras, valorados a través dunha carta de motivación en inglés (aprox. 500 palabras).
- Experiencia en universidades ou empresas, especialmente en investigación socioecolóxica, cambio climático, conservación mariña ou xestión de ecosistemas costeiros.
- Formación e experiencia en metodoloxías participativas e traballo de campo con comunidades locais en contornas costeiras.
- Competencia en R, Excel e GitHub. Valorarase experiencia en bases de datos, informes e visualización de resultados.
- A entrevista realizarase unicamente aos tres candidatos/as que na suma dos méritos acaden un mínimo de 50 puntos. No caso de haber un/unha único/a candidato/a, a entrevista poderá non realizarse.