Taller para o avance das colaboracións internacionais sobre o cambio climático, os ecosistemas de auga doce e costeiros, e os recursos pesqueiros.

Persoal investiador do CIM participa neste primeiro taller virtual centrado no impulso de colaboracións internacionais en torno ao cambio climático, os ecosistemas de auga doce e costeiros e os recursos pesqueiros, no marco dun proxecto concedido á Oregon State University e ao CIM para explorar vías de colaboración en investigación e desenvolvemento curricular arredor da conservación de ecosistemas acuáticos. O encontro inclúe a participación de expertos en peixes, mamíferos, aves, anfibios, toxicoloxía ambiental e ciencias sociais.

Accede ao Zoom aquí

Cartel

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)