Investigador/a para programa de doutoramento DOMAR para estudar os determinantes nas respostas de adaptación e transformacións dos sistemas socioecolóxicos mariños ao cambio climático

Denominación do proxecto ou actividade: Contrato indefinido vinculado á liña de investigación

Investigadora principal: Elena Ojea Fernández-Colmeiro

Liña de investigación: Capitalización do coñecemento científico para mellorar a conservación adaptativa mariña

Departamento: X06 Economía aplicada

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de actividades científico-técnicas (art 23bis Lei da Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Estudo dos determinantes nas respostas de adaptación e transformacións dos sistemas socio ecolóxicos mariños ao cambio climático.

Funcións a realizar: Espérase que a persoa candidata matricúlese no programa de doutoramento DoMar, e baixo a supervisión de Elena Ojea desenvolva a súa tesis doutoral no eido da avaliación das respostas de adaptación e transformación da pesca artesanal no marco do proxecto ATAC que lidera. O candidato/a unirase a unha investigación multidisciplinar onde combinará ciencias naturais e sociais, incluindo compoñentes ecolóxicos, sociais e económicos. Baixo supervisión, levará a cabo tarefas correspondentes para ao desenvolvemento dunha tesis doutoral, por exemplo: deseño do plan de investigación, revisión bibliográfica, análisis de datos en R e outros, análise de casos de estudio de pesca artesanal con diferentes niveis de impacto do cambio climático (ex. Galicia, México, Xapón), dilucidar que factores determinan a adaptación ou transformación do sistema, participación en xornadas de comunicación cos actores principais do sector, estadías de investigación, conferencias, redacción de informes técnicos, publicaciones científicas, etc.

Retribución bruta mensual: 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Edificio Olimpia Valencia

Duración do contrato: Indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Mestrado en ecoloxía mariña, recursos naturais, cambio climático, xestión sostible, ciencias ambientais ou campos afíns.

Méritos a valorar:

  • Formación académica que permita matricularse nun programa de doutoramento no curso 2025-2026 e nivel medio alto de inglés.
  • Expediente académico competitivo para solicitar bolsas predoutorais. Os solicitantes terán que ter obtido o título de grado que da acceso aos estudios de doctorado en 2022 ou posterior. Idealmente a nota media (GPA) será de 8, GPA de 7,5 será estudiado.
  • Curriculum Vitae (breve, máx. 4 páx). Experiencia no estudo de sistemas socio-ecolóxicos mariños, no estudo do cambio climático e nos seus efectos no medio mariño, no estudo da pesca artesanal e da súa adaptación fronte os impactos do cambio climático. Experiencia con aproximacions cuantitativas, estatisticas e de modelado da xestión de recursos mariños, xestión de pesqueiras, preferencia dos pescadores, meta análises, análise de vulnerabilidade climática e/o deseño de Áreas Mariñas Protexidas. Experiencia en estudos cualitativos da xestión medioambiental, analise de actores principais, analises de preferencia, experiencia en programación en R ou similar, experiencia en GIS, en GitHub, e uso avanzado de Excel. Experiencia en publicacións científicas, presentación en congresos, capacidade de comunicar e divulgar resultados científicos a diferentes audiencias.
  • Carta de motivación en inglés (máx. 500 palabras) explicando o interese en desenvolver un doctorado sobre o tema de investigación durante os próximos anos, e explicando a experiencia previa destacando as habilidades, coñecementos e aptitudes para o posto. Incluir a carta de motivación no mesmo PDF que o CV.
  • Entrevista persoal (realizarase ós tres candidatos con maior puntuación nos outros epígrafes, poderá non realizarse no caso dun candidato único).

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)