Contar la contaminación lumínica. De costa a costa

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo participa na iniciativa nacional de divulgación científica ‘Contar a contaminación lumínica de costa a costa’, organizada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a través do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC), con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. No marco desta acción coordinada a nivel estatal, celebraranse simultaneamente 21 charlas en 19 cidades españolas, sendo a de Vigo a única en Galicia.

A investigadora do CIM Ana Ulla será a encargada de impartir esta sesión titulada “Noite, luz e bioloxía: que sabemos e non sabemos da contaminación luminosa”, que terá lugar o xoves 5 de xuño ás 19:00 horas no edificio Redeiras (Praza do Berbés). Esta charla aberta ao público abordará os efectos da luz artificial sobre a biodiversidade, os ecosistemas, a saúde e a calidade do ceo nocturno, reforzando o compromiso do CIM coa divulgación e a sensibilización fronte aos retos ambientais emerxentes.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)