#AlénOMar | Un proxecto da investigadora do CIM Laura de la Torre, financiado polo Campus da Auga polo seu potencial de explotación e impacto no mercado

Tamén participa no proxecto a física da UVigo Laura de la Torre

Para o desenvolvemento e promoción de FortranAlayser, un software libre de análise estatística de código Fortran para mellorar a calidade e mantemento dos proxectos deste software

Un proxecto da investigadora do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo Laura de la Torre será financiado polo Campus da Auga polo seu potencial de explotación e impacto no mercado. O Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense, puxo en marcha este ano un programa que aposta por transformar o coñecemento xerado polo seu persoal investigador en produtos e servizos con valor no mercado. A súa primeira acción foi a convocatoria de axudas a proxectos que se desenvolverán nos vindeiros meses.

Ao abeiro desta convocatoria financiará o desenvolvemento e promoción de Fortran Analyser, a cargo de Laura de la Torre. FortranAnalyser é un software libre que leva a cabo análise estática de código Fortran, axudando a mellorar a calidade e mantemento dos proxectos deste software. “A proposta presentada para o desenvolvemento de FortranAnalyser permitirá mellorar a súa implantación nas contornas empresariais e académica para posteriormente ofrecela e comercializala como un servizo de software como servizo”, apunta a súa responsable.

O Programa de pulo á valorización e transferencia do coñecemento do Campus Auga quere contribuír ao desenvolvemento económico da contorna e ao fomento da cultura emprendedora. Para acadalo, aposta por, con iniciativas coma estas axudas, identificar, valorizar e madurar resultados de investigación, nas súas diferentes fases de desenvolvemento, con potencial de explotación e impacto no mercado. Está financiado polo convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para executar accións estratéxicas no Campus Auga (2024-2027).

O CIM conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación, e a súa actividade está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FEDER 21-27.

Fonte: DUVI