O CIM celebra o 11F visibilizando o talento feminino na ciencia mariña

O CIM celebra o 11F visibilizando o talento feminino na ciencia mariñaO 10 de febreiro entregará os premios da terceira edición do concurso Marie Tharp ao abeiro da programación da Universidade de Vigo co gallo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O talento das investigadoras do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo brilla con luz propia. No marco da ampla programación organizada pola UVigo para conmemorar o 11F, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o CIM celebrará un dos seus actos máis especiais: a entrega dos premios da segunda edición do concurso Marie Tharp.

A cerimonia terá lugar o luns 10 de febreiro, víspera do 11F, ás 13.00 horas no novo salón de graos do edificio de Ciencias Experimentais. Este certame está dirixido a mulleres investigadoras de pre e posdoutoramento do centro, que foron convidadas a contar o seu traballo a través dunha peza audiovisual dun minuto de duración. Con esta iniciativa, o CIM busca destacar a labor das investigadoras e promover referentes femininos na ciencia mariña.

A actividade investigadora do CIM conta cofinaciamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos (FEDER).

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)