Feira A ciencia que vén ten nome de muller da UCC+I

Persoal investigador do CIM participa con tres stands na feira “A ciencia que vén ten nome de muller”, organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I) da Universidade de Vigo na praza da Ferrería de Pontevedra.

Combinando divulgación e diversión, propoñen actividades nas que nenos e nenas poden achegarse á paleontoloxía pintando réplicas de fósiles e coñecer a bioxeografía converténdose nun animal nun xogo de supervivencia; coñecer a biodiversidade do solo a través dunha piscina de bolas; ou crear unha dobre hélice de ADN con gominolas.

A actividade investigadora do CIM conta cofinaciamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos (FEDER).

Agardámoste!

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)