Faladoiro sobre diversidade de xénero e de sexo

Desde a Comisión de Igualdade, diversidade e sostibilidade do CIM queremos convidar a todo o persoal investigador a acudir ao “Faladoiro sobre diversidade de xénero e de sexo” que organizamos o vindeiro 18 de xuño entre as 14 horas e as 16 horas no Campus de Vigo (ubicación aínda por concretar según aforo). Trátase dun almorzo durante o que aprenderemos as pautas a seguir para integrar correctamente a diversidade nos diferentes ámbitos do voso traballo: docencia, investigación, proxectos de investigación, etc. Ademais, permitirá incrementar os coñecementos do persoal científico neste campo para a súa posterior aplicación práctica en futuras propostas tanto europeas como de ámbito nacional.

A formación correrá a cargo de:

– Eva Mejuto, Doutora en Xornalismo pola USC, xornalista, xestora cultural e escritora. Formou parte do Programa Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero do Concello de Pontevedra, autora da obra “Memoria Diversa”, da Deputación da Coruña, galardonada co Premio Follas Novas á Mellor Obra de Divulgación, sobre a historia do colectivo LGBTIQA+ en Galicia.

– Nee Barros: estudante, escritore e divulgadore cultural, coordinou a antoloxía de relatos LGBTIQA+ “Alguen nos lembrará” (Xerais 2023) e é autore da obra “Identidade” (Galaxia 2020) e Nom estamos quebrades (Cuarto de Inverto 2023), Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. Premio Youtubeiro 2022 polo seu canle “Neeumatiko”, realiza regularmente formación en centros de ensino e asociacións sobre a realidade do colectivo LGBTIQA+.

Se tedes interese en acudir, é preciso inscribirse a través do seguinte formulario antes do 14 de xuño.

A actividade investigadora do CIM conta cofinaciamento da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través dos Fondos Europeos (FEDER).

Agardámosvos!

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)