Coñeceron as diferentes liñas de investigación e as instalacións e laboratorios da Ecimat, de especial interese para a delegación chinesa ao contar facultade de ciencias mariñas
O reitor do Yancheng Institute of Technology, Rong Shao, acompañado por decanos e decanas e directores e directoras de departamentos desta universidade chinesa, visitaron estes días o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) para explorar futuras vías de colaboración en temas de mobilidade ou investigación.
A delegación chinesa percorreu as instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, onde foron recibidos polo director do CIM, Daniel Rey, e polo director da Ecimat, José Manuel García Estévez. Alí puideron coñecer, guiados pola investigadoras Estefanía Paredes, as diferentes liñas de Investigación que desenvolven os grupos do CIM e súas as instalacións e laboratorios, de especial interese para a delegación chinesa, xa que o Yancheng Institute of Technology conta cunha facultade de ciencias mariñas.
Fonte: DUVI