O proxecto H2020 LABPLAS organiza unha xornada paralela sobre a política relativa aos materiais plásticos como arranque das conferencias EurOCEAN

No marco do evento europeo que se celebra en Vigo o 10 e 11 de outubro

Con motivo da celebración das conferencias EurOCEAN 2023, persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) organizou hoxe un evento paralelo sobre as políticas e gobernanza en relación cos materiais e produtos plásticos dentro del marco del proxecto europeo H2020 LabPlas. A mesa redonda foi unha oportunidade única para dar inicio a la Conferencia EurOCEAN 2023, un foro que reunirá na cidade de Vigo á comunidade científica europea, responsables políticos da Unión Europea e dos estados membros, á industria marítima e outras partes interesadas do mar os días 10 e 11 de outubro.

O evento, titulado “High-Level Panel on Plastic Governance: A roadmap for the upcoming decade”, reuniu arredor de 40 persoas no edificio Redeiras da Universidade de Vigo e contou coa participación de expertos na materia como Ricardo Beiras, catedrático do CIM e IP do proxecto LabPlas; Mathilde Maureda, responsable de políticas e proxectos da Atlantic Arc Commission; Thorsten Kiefer, Director executivo de JPI Oceans; Begoña Espiña, líder do Water Quality Research Group do International Iberian Nanotechnology Laboratory; e Gary Kett, investigador do Interdisciplinary Centre of Marine and Environmental Research – CIIMAR.

Esta xornada proporcionou unha plataforma crucial para a discusión e o intercambio de ideas sobre a gobernanza dos materiais e produtos plásticos, abordando cuestións clave para o futuro do océano nos vindeiros dez anos. Desta forma, o persoal investigador do CIM enriquece os eventos centrais de EurOCEAN ofrecendo un espazo de traballo que avance na busca de solucións para un dos principais retos que aborda a nosa sociedade de cara ao futuro.

LabPlas

O proxecto LabPlas, seleccionado na convocatoria europea H2020 cun orzamento de 5 millóns de euros, reúne 16 socios de oito países co obxectivo de rastrexar as fontes de plástico no medio ambiente. Para isto une expertos e expertas en avaliación da contaminación, modelado ambiental, química ambiental, oceanografía, hidroloxía, paleoecoloxía, ecoloxía de solos, microbioloxía, enxeñaría da auga, nanotecnoloxía, economía e transferencia de coñecemento. O IP do proxecto LabPlas (LAnd-Based solutions for PLAStics in the Sea) é o catedrático do CIM Ricardo Beiras, que explica que o obxectivo final é “reducir a entrada de plásticos ao ambiente”.

EurOCEAN

EurOCEAN 2023, que se celebrará os días 10 e 11 de outubro no auditorio Mar de Vigo, será un espazo de intercambio e debate sobre os últimos avances e desafíos de futuro na investigación mariña e o uso sostible do océano baixo o lema One Ocean, One Voice. A organización deste evento corresponde ao European Marine Board (EMB) en colaboración con varias entidades locais, entre elas o CIM e o Campus do Mar. O obxectivo deste evento é consensuar as mensaxes clave para a comunidade científica internacional sobre a necesidade de restaurar e salvagardar para as xeracións futuras, o bo estado do océano e a sustentabilidade dos servizos que prestan os ecosistemas mariños mediante o fomento da investigación e do coñecemento relevante para este fin.

Fonte: DUVI

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)