Xornadas de Portas Abertas | Coñece o CIM na rúa

Dentro das Xornadas de Portas Abertas do CIM 2022, as investigadoras e investigadores de diferentes áreas de coñecemento do CIM desprazaranse ao Centro Comercial da Laxe para organizar unha serie de obradoiros, xogos e actividades para que as persoas interesadas aprendan a través da experiencia e da manipulación diversas cuestións relacionadas co medio mariño e coa investigación que se realiza no CIM.

Esta actividade realizarase este venres 21 en horario de 17:00 a 20:00h na primeira planta do centro comercial de A Laxe.

Máis información

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)