Xornada do Proxecto PASOS: Presentación do Plan de Acción de promoción da RRI no ámbito mariño

O vindeiro martes 27 ás 11h terá lugar a presentación dos resultados finais do proxecto PASOS, un proxecto colaborativo desenvolvido pola Universidade de Vigo dende os seus centros de investigación CIM e ECOBAS e a Asociación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar). O proxecto, financiado pola Rede Eusumo, naceu co obxectivo principal de crear un Plan de Acción para promover a investigación e innovación responsable (RRI) no ámbito mariño, co gallo de poñer en marcha proxectos e iniciativas de maneira participativa contando con todos os actores relacionados co sector. Durante a xornada, presentaranse os principais resultados obtidos e o Plan de Acción para a Promoción da RRI no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social.

O evento terá lugar no Edificio Redeiras de forma presencial e será retransmitido en directo a través de UVigo TV.

Para asistir de forma presencial debe inscribirse antes do 25 de setembro no seguinte enlace: https://ecobas.gal/2022-pasos-presentacion-plan-accion/

Programa-xornada-final-PASOS (PDF, 718 K)

Cartel (PDF, 1,7 M)

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)