No marco das accións que se organizarán ao redor do 8M Día Internacional da Muller, o CIM organiza unha Xornada cara a identificar e debatir os principais retos do CIM en materia de Igualdade, que orientarán a elaboración da súa estratexia nun horizonte a curto e medio prazo.
Esta xornada terá lugar o Xoves 17 de Marzo, na Sala 1 do Edificio Miralles, en horario de 10:00 h a 13:00 h.
A xornada terá unha parte pública, aberta a toda a comunidade Universitaria, e unha segunda parte dirixida ás persoas que compoñen o CIM, onde se crearán grupos de traballo co obxectivo de identificar accións que se podan executar para traballar xuntos cara un CIM máis equitativo.
Os detalles desta xornada, incluído o programa detallado, poden consultarse aquí
Para asistir á Xornada e preciso inscribirse previamente no seguinte enlace: https://forms.gle/5RhSERQCJhHk1kjy6
Esperamos contar coa vosa participación e importantes aportacións nesta iniciativa.