Xornada de Promoción da Economía Social no Sector Mariño

Temos o pracer de convidarvos á “Xornada de Promoción da Economía Social no Sector Mariño” como parte das actividades recollidas dentro da III Semana Universitaria da Economía Social, 2022 promovida dende CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre la Economía Pública, Social y Cooperativa).

Este evento enmárcase dentro das actividades do Proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social), financiado pola Rede EUSUMO e desenvolvido por FUNDAMAR e os centros de investigación da Universidade de Vigo, CIM (Centro de Investigación Mariña) e ECOBAS.

A xornada terá lugar o vindeiro Mércores 30 de Marzo no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés 11, Vigo), en horario de 11:30 h a 13:00 h.

Para asistir presencialmente é preciso inscribirse previamente neste formulario

O evento será retransmitido online a través da Canle 2 de UVigo TV

O programa detallado é o seguinte:

11:30 h Benvida

  • D. ª Susana Touza Figueiras, Subdirectora xeral de Economía Social da Xunta de Galicia
  • D.ª Belén Rubio, Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo.
  • D. Javier Touza, Presidente de FUNDAMAR

11:45 h Presentación proxecto PASOS

  • D. ª Mercedes Mareque, Investigadora principal do proxecto PASOS na Universidade de Vigo
  • D. ª María Caldeiro, Xerente de FUNDAMAR
  • D. ª Marina Gómez, Técnica do Proxecto PASOS na Universidade de Vigo

12:00 h Proxectos de cooperación no marco da Investigación e Innovación Responsable

  • Circularoil
    D. Miguel Rodríguez, (Grupo GEN) Universidade de Vigo
  • CoastSnap
    D. ª Rita González, (Grupo XM1), Centro de Investigación Mariña
    Universidade de Vigo
  • Mardevidas
    D.Fabián Ben Conde, Director de Proyectos e Innovación. Federación Nacional de Confrarías

13:00 h Peche do acto

Pode descargar o cartel da xornada nesta ligazón, e o programa detallado facendo clic aquí

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)