Xornadas de portas abertas no CIM-UVigo

O CIM-UVigo pon en marcha unha nova xornada de portas abertas este mes de outubro con actividades de balde ao abeiro do Divulgando Ciencia Singular para coñecer a investigación mariña de vangarda que se leva a cabo na Universidade de Vigo e a súa importancia de cara á sociedade, así como as instalacións da Estacións de Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) como principal infraestrutura de investigación do CIM.

As actividades serán as seguintes:

– Coñece o CIM no Campus de Vigo. Venres, 22 de outubro.
Visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Vigo. Duración aproximada: 1h 40m
– Embárcate co CIM. Sábado, 23 de outubro.
Traxecto en barco dende A Laxe á ECIMAT, visita ao centro, actividades guiadas e regreso a A Laxe. Duración aproximada: 3h
– Coñece o CIM no Campus de Ourense. Venres, 29 de outubro.
Visita guiada ás instalacións do CIM no Campus Universitario de Ourense. Duración aproximada: 30 minutos
Información e inscricións en https://cienciasingular.gal/cim-21/

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)