Unha misteriosa enfermidade acabou co 70% da poboación de gaivotas de Galicia en 10 anos

Investigadores como Álvaro Barros, do Grupo de Ecoloxía Animal do Centro de Investigación Mariña, piden atención e recursos para averiguar por que están morrendo estas aves

A poboación de gaivotas caeu tanto na última década en Galicia que os criterior aplicados internacionalmente sitúan a esta especie na categoría de vulnerable, previa a considerala en perigo de extinción. Os científicos xa cifran o desplome no 70% neste período de tempo e avisan de que, aínda que o máis probable é que as causas sexan múltiples, hai unha enfermidade que aínda non se conseguiu desentrañar que está causando estrados nas colonias destes animais.

Álvaro Barros, do Grupo de Ecoloxía Animal do Centro de Investigación Mariña, lembra que en 2019 nunha única xornada de campo contaron os cadáveres por centos nas illas Sisargas, un arquipélago da Costa da Morte que acolle unha das colonias de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) máis importantes do mundo. Esta especie, que cría e vive todo o ano en Galicia, é na que se constatou o descenso de poboación. O censo elaborado dos exemplares que hai na costa da provincia da Coruña que vai dende Malpica ata a fronteira con Lugo puxo números en caída: contabiliza 2.674 parellas na actualidade, fronte ás arredor de 8.900 que había hai unha década. Nos anos 90 eran unhas 13.000.

Barros e o resto de investigadores e investigadoras deste campo piden atención e recursos para averiguar por que están a morrer as gaivotas. O primeiro desafío é entender que ocorre con estes animais. “Os que nos dedicamos ás aves mariñas estamos á expectativa porque non se sabe realmente que está pasando. Probablemente inciden varios factores”, salienta.

O investigador do CIM cree que é posible que houbese unha poboación “sobredimensionada” de gaivotas no pasado porque a especie “aproveita moi ben todos os nichos ecolóxicos”. Está moi asociada aos humanos e beneficiouse da comida que atopaba en vertedoiros e dos descartes da pesca. Os primeiros foron clausurándose dende os anos 90 e os segundos foron reducíndose coas novas leis. Pero cando o agardable era que as cifras se estabilizasen o que pasou foi que a caída se acentuou. As primeiras aleras sobre unha enfermidade que paralizaba a estas aves déronse hai a 10 anos.

“A gaivota patiamarela é un todoterreo. Aliméntase dos residuos das terrazas, de mosquitos, de vermes, de percebes, de peixe… come herba se fai falla. É aparentemente indestructible. Se a esta especie lle vai mal, ten que saltar a voz de alarma”, defende. A categoría de vulnerable supón que hai tempo para reverter o problema, pero “hai que actuar xa”.

Fonte: elDiario.es