A proposta principal do proxecto MytUniSex, un dos proxectos empresariais de base tecnolóxica do ámbito mariño-marítimo de Galicia, é realizar unha produción de semente de mexillón unisex a gran escala e sostida no tempo, posibilitando entre outras cousas a produción de mexillón con viandas de tonalidade laranxa forte, asociado ás femias, o máis apreciado polo consumidor, ou dun subproduto tipo gourmet a partir de ovocitos.

Espérase que os resultados estean listos a finais deste ano ou durante o primeiro semestre do seguinte, momento no cal probablemente o proxecto alcance a madurez necesaria para tratar de escalalo a nivel industrial.
A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Máis información sobre o proxecto no Informe ARDÁN Galicia 2021, nas páxinas 560-561.
Descarga o Informe ARDÁN Galicia 2021.