A certificación de calidade no CIM

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo ten na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) unha magnífica infraestructura na que se apoian os seus investigadores para desenvolver a excelencia do seu coñecemento e a súa transferencia á sociedade.

A ECIMAT conta con persoal técnico cualificado que pon a súa formación, aptitude e compromiso ó servicio dos investigadores para a preparación, deseño e desenvolvemento das tarefas solicitadas o que conleva un alto nivel de esixencia na execución dos traballos realizados. Esta implicación e bo facer nos servicios foi recoñecida no ano 2013, acadando a certificación do sistema de xestión da calidade e recibindo posteriormente, no 2015, o sello Q de calidade da Universidade de Vigo, máxima distinción outorgada pola comisión de calidade.

Ao longo de todo este tempo o certificado non so continua vixente, senon que o sistema de calidade madurou co desempeño da prestación dos servizos e, recentemente superada a auditoría de seguimento, camiña con paso firme cara a completar con éxito o terceiro ciclo de certificación.

O sistema de xestión auditado é conforme coas esixencias da norma ISO 9001:2015 e aplícase os seguintes servicios da ECIMAT: o uso de infraestructuras para investigación mariña, a cría e suministro de especies mariñas, o apoio a actividades de investigación no medio mariño, a toma de mostras ambientais no medio mariño, a determinación de parámetros físico-químicos de augas no campo e no laboratorio, o procesado histolóxico de mostras de tecidos de organismos acuáticos, e os bioensaios para a caracterización ecotoxicolóxica de mostras ambientais e sustancias químicas.

Polo tanto, as investigadoras e investigadores do CIM teñen no sistema de garantía de calidade da ECIMAT unha interesante ferramenta que lles aporta un valor engadido os seus traballos de investigación, e neste senso, o CIM e a ECIMAT van seguir traballando cunha clara vontade de mellora continua, para que o sistema medre adaptándose aos retos e necesidades que demandan a comunidade investigadora e a sociedade.

A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.