O CIM pon en marcha a súa Comisión de Igualdade

O CIM da un paso máis no seu compromiso coa igualdade de xénero e pon en marcha a súa Comisión de Igualdade que, en coordinación coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, establecerá políticas de igualdade de oportunidades e carreira investigadora no marco do selo europeo de recursos humanos na investigación, HRS4R, e actividades de sensibilización e valorización do papel da muller na ciencia, promovendo o compromiso ético en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible.

A Comisión, que tivo a súa primeira reunión esta semana, está formada polas investigadoras do CIM Ana Bernabeu e Sara Varela, o investigador Fran Ramil, a coordinadora de innovación e transferencia, Cristina Quelle, e a técnica da ECIMAT, Rosana Rodríguez. O CIM é o primeiro centro da Universidade de Vigo e un dos poucos centros do Sistema Universitario Galego, en incorporar unha estrutura adicada a temas de xénero na súa Unidade Estratéxica.

A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.