Máis de 20 investigadores estranxeiros rematan con éxito os seus proxectos gracias a colaboración do CIM

O persoal investigador do CIM colaborou no desenvolvemento de máis dunha veintena de proxectos de investigación liderados por investigadoras e investigadores de 11 institucións extranxeiras que acudiron ás instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, ECIMAT, ao abeiro o programa de accesos transnacionais (TNA) de Assemble Plus (Association of European Marine Biological Laboratories Expanded).

O programa europeo ofrece ao persoal investigador e técnico de institucións públicas e privadas de todo o mundo o uso das instalacións e servizos en cada unha das infraestruturas incluídas no proxecto Assemble Plus, dentro das cales se atopa a ECIMAT, posibilitando a colaboración co persoal investigador de cada un dos centros e o establecemento de vínculos entre diferentes entidades de investigación mariña.

De entre as 24 persoas que disfrutaron do programa ata hoxe, Tiago Repolho, da Universidade de Lisboa, Luigia Santella, da Stazione Zoologica Anton Dohrn e Isabel Teixeira, da Universidade de Aveiro, contan as súas experiencias.

Isabel Teixeira: Respostas do fitoplancto ante un escenario de cambio climático

Isabel Teixeira (Universidade de Aveiro) centra a súa investigación na resposta das comunidades de fitoplancto fronte ao cambio climático. “Con Assemble Plus, puiden acceder ás excelentes infraestruturas da ECIMAT que me permitiron realizar con éxito experimentos de simulación de cambio climático con comunidades naturais de fitoplancto, os cales serían moi difíciles de executar na miña institución de orixe” remarca a investigadora. Ademáis “a colaboración con Cristina Sobrino (Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM) permitiu ampliar o deseño experimental, o que resultou na recompilación de máis datos dos inicialmente propostos e aumento da complexidade do proxecto”.

Luigia Santella: Papel do citoesqueleto de actina na regulación da fecundación e o desenvolvemento dos ovos de ourizo de mar

Luigia Santella investiga na Stazione Zoologica Anton Dohrn (SZN, Italia) os eventos celulares e moleculares que regulan a maduración e fertilización dos ovocitos de estrelas e ourizos de mar. A investigadora afirma que “gracias ao programa Assemble Plus, á ECIMAT e ao excelente apoio da Dra. Estefanía Paredes (Grupo de Ecoloxía Costeira do CIM), obtivemos acceso a tres especies de ourizos de mar non dispoñibles na SZN, e conseguimos demostrar que a alteración das propiedades fisicoquímicas e da estrutura da cortiza dos ovos de ourizo de mar non fertilizados causada por tratamentos osmóticos e cambios de pH da auga de mar comprometen a resposta de fertilización e a embrioxénese”.

Tiago Repolho: Evolución das ascidias baixo o quecemento e a acidificación dos océanos

O obxectivo do proxecto de investigación de Tiago Repolho e Rui Rosa (Univerdidade de Lisboa) foi avaliar experimentalmente o potencial de adaptación da ascidia Ciona intestinalis ás condicións de quecemento e acidificación dos océanos baixo unha perspectiva multixeneracional. “O apoio e a loxística que nos brindou o programa e a ECIMAT foron primordiais para colleitar individuos adultos desta especie de diferentes poboacións e completar así as mostras da costa occidental da Península Ibérica”, explica Tiago Repolho. O investigador remarcou que a súa experiencia con Assemble Plus na ECIMAT foi moi beneficiosa para o seu proxecto, e lles permitiu desenvolver novas colaboracións de investigación para un futuro próximo.

Fonte: Assemble Plus