Máis de 500 alumnas e alumnos participaron no Día da Muller e da Nena na Ciencia

Científicas do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo uníronse esta semana á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia organizando diferentes actividades coas que dar a coñecer entre as alumnas e alumnos de cinco centros educativos as súas profesións. Foron oito as investigadoras que se achegaron aos centros de ensino, onde participaron máis de 500 alumnos e alumnas en experimentos, charlas e actividades interactivas adaptadas ao formato virtual.Todas as actividades estiveron enmarcadas na iniciativa 11 de febrero, que se organiza a nivel nacional con motivo desta data. O interés do alumnado foi rotundo, e as científicas non son bichos raros, senón persoas normais. Os intensos debates mantidos permitiron resolver dubidas do alumnado sobre temas tan diversos como a a visbilización das mulleres na ciencia, a importancia da ciencia no avance da sociedade e na resolución ou adaptación das ameazas que hoxe sufrimos (pandemia, cambio climático, etc.) ou o inicio da vida no océano.

Charlas e experimentos virtuais sobre algas, criobioloxía, xenética e plancto

As actividades foron iniciadas o día 10 no CEIP A Rúa de Cangas, onde Marina Gómez (Ecoloxía Costeira, CIM) presentou ao alumnado de 1º a 4º de primaria un conto e unha charla na que explicou o método científico e a importancia das macroalgas e impartíu virtualmente un obradoiro sobre identificación de macroalgas. Doutra banda, as investigadoras do equipo de criobioloxía do Grupo de Ecoloxía Costeira (EcoCost, CIM) Estefanía Paredes, Estefanía Pereira e Sara Campos, presentaron o seu traballo ao Colexio Plurilingüe Atlántida gracias a un vídeo e a un debate virtual onde as investigadoras responderon ás múltiples preguntas que o alumnado de entre 1º de primaria e 4º da ESO tiña preparadas. Tamén o día 11, a investigadora do grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética (CIM) Paloma Morán participou no obradoiro Elixe o teu epixenoma, presentado a un grupo de alumnas do IES Val Miñor de Nigrán dentro da iniciativa Elas Fan CienTec. A última actividade do día 11 foi realizada da mán de Cecilia Costas e Esperanza Broullón (Oceanografía Biolóxica, CIM) quenes presentaron a varios cursos de primaria do CEIP Plurilingüe A Pedra de Bueu o seu traballo e a súa carreira profesional e enviaron ao centro debuxos de científicas recortables cos que o alumnado traballará nos próximos días.

Igualdade e ciencia na UVigo e no CIM

Este venres 12 foron estudantes de 1º e 2º da ESO do CPR Alborada e do IES do Castro, os que se achegaron ao CIM. O obxectivo foi dar a coñecer e sensibilizar ao estudantado de secundaria sobre cuestións de xénero, prestando especial atención ao eido da investigación mariña, co fin de visibilizar e poñer en valor o traballo das científicas en xeral, e do CIM-UVigo en particular. A xornada constou dunha videoconferencia da Asociación Faraxa, na que o alumnado puido reflexionar sobre a necesidade do 11 F, unha charla da investigadora Ana Berbabeu, directora da Área de Investigación da Universidade de Vigo, quen centrou a súa intervención no esforzo que está a realizar a Universidade de Vigo en materia de igualdade, achegando tamén a súa experiencia persoal como investigadora no eido da xeoloxía mariña, e unha visita virtual ás instalacións do CIM, onde coñeceron  investigadoras como Elena Ojea, Cristina Sobrino ou Estefanía Paredes. Esta actividade repetirase o vindeiro día 23 con estudantes do CPR Tirso de Molina.