Expertos internacionais reúnense na ASSEMBLE Plus Conference 2021 para presentar os ultimos avances en ecoloxía e bioloxía mariña

Dende o pasado luns 18 e ata o 29 de xaneiro de 2021 representantes de diferentes estacións ou centros de investigación mariña de todo o mundo reúnense na “ ASSEMBLE Plus Conference 2021 – Marine biological research at the frontier”, un evento internacional organizado baixo o marco do proxecto Assemble Plus, no que participa o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e outras estacións e centros asociados á infraestrutura europea EMBRC ERIC – the European Marine Biological Resource Centre.

Neste evento estanse a presentar os últimos avances en bioloxía e ecoloxía mariña, tecnoloxías de vangarda dispoñibles en estacións e institutos mariños, e o impacto que os servizos prestados polas estacións mariñas teñen sobre aa industria e a sociedade. Así mesmo, presentaranse os procedementos regularizados sobre o acceso aos recursos biolóxicos mariños e as infraestruturas de investigación mariña e algúns mecanismos de mellora dos servizos prestados polas estacións. Entre as entidades participantes atópanse as seguintes entidades: The Marine Biological Stations in the French National Centre of Marine Biological Resources (EMBRC-FR), Centre for Marine Sciences – CCMAR (EMBRC-PT), Interuniversity Institute for Marine Sciences (EMBRC-IL), National Institute for Biology (Eslovenia), IOPAS (Polonia), Alfred Wegener institute (Alemania), VLIZ – Flanders Marine Institute (EMBRC-BE), Scottish Oceans Institute (EMBRC-UK), Plentzia Marine Station (EMBRC-ES), Marine Biological Association (EMBRC-UK) e o Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental – CIIMAR (EMBRC-PT).

Durante a xornada estanse a realizar diferentes relatorios principais, conferencias convidadas realizadas por investigadores usuarios de Assemble Plus con proxectos de acceso transnacional e mesas redondas con axentes especializados en lexislación, industria, criopreservación, etc. Este evento é unha oportunidade para que os investigadores, o mundo académico, a industria e os lexisladores establezan contactos e compartan experiencias.

Rexistro: https://assemble2021.b2match.io/signup

Axenda: https://assemble2021.b2match.io/agenda

A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)