Unha decena de investigadores do CIM, no ránking dos máis citados da Stanford University

Co obxectivo de ofrecer “información estandarizada sobre citas”, a Stanford University publicou a finais de 2019 unha base de datos que recolle os indicadores das e dos investigadores máis citados do mundo nos diferentes campos de coñecemento. Nela, o Centro de Investigación Mariña da universidade de Vigo (CIM), conta con dez científicos: Armando Caballero, Alberto Velando, José L. Soengas, Emilio Marañón, Ricardo Beiras, Carlos Bendicho, Alejandro Cabrera, Moncho Gómez-Gesteira e Luis Gimeno.

A base de datos enumera case 160.000 científicas e científicos “de primeiro nivel”, é dicir, investigadores no 2% superior de citas, proporcionando de cada un información estandarizada sobre citas, índice h, índice hm axustado por coautoría, citas de artigos en diferentes posicións de autoría e un indicador composto, entre outros aspectos, proporcionando métricas con e sen autocitas. Segundo explican na súa presentación, ante o feito de que as métricas de citas empréganse amplamente pero de xeito incorrecto, puxeron en marcha esta base de datos dispoñible publicamente e que . A base de datos, baseada no traballo de PLOS Biology, está coordinada por John P. A. Ioannidis, de Stanford University (USA); Kevin W. Boyack, de SciTech Strategies, Inc. (USA) e Jeroen Baas, de Research Intelligence, Elsevier B.V (Países Baixos), abrangue 22 campos científicos e 176 subcampos e permite coñecer os resultados das e dos investigadores ou ben tendo en conta toda a súa traxectoria ou ben só os datos referidos concretamente ao ano 2019.

Posto por campo de coñecemento

Atendendo á listaxe que valora toda a traxectoria da e do científico, nesta base de datos hai referenciados 2290 investigadoras e investigadores españois, 26 deles da Universidade de Vigo. De cada un deles pódese coñecer a súa posición a nivel mundial no seu campo científico. Así, no ámbito mariño e no campo da Bioloxía Evolutiva, Armando Caballero (Grupo de Xenéticade Poboacións e Citoxenética) está no posto 450, no campo das Ciencias do Comportamento e Psicoloxía Comparada está Alberto Velando (Grupo de Ecoloxía Animal), coa posición 416; en Fisioloxía, José L. Soengas (Grupo de Fisioloxía de Peixes), co posto 473; en Bioloxía e Hidrobioloxía Mariña, Emilio Marañón (Grupo de Oceanografía Biolóxica), que ocupa o posto 599 deste campo a nivel mundial; en Ciencias Ambientais, Ricardo Beiras (Grupo de Ecoloxía Costeira), ubicado no posto 670; e, en Química Analítica, Carlos Bendicho (Grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía), no posto 690.

Atendendo aos datos de citas só do ano 2019, a fotografía de investigadoras e investigadores do Centro de Investigación Mariña que entran neste ránking amplíase coa incorporación doutros catr investigadores do CIM: Francisco Pena (Grupo de Química Analítica Ambiental e Toxicoloxía), Alejandro Cabrera (Ephyslab), Moncho Gómez-Gesteira e Luis Gimeno (Ephyslab).

A actividade investigadora do CIM conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.

Ver a nova completa no DUVI