As zonas litorais de Galicia e norte de Portugal están hoxe máis e mellor preparadas frente aos riscos costeiros provocados polo cambio climático

As zonas litorais de Galicia e o Norte de Portugal están a día de hoxe “máis e mellor preparadas para avaliar os eventuais riscos costeiros nun escenario de cambio climático” grazas ao traballo desenvolvido no marco do proxecto ‘ MarRisk’. Así o contan dende o Faro de Vigo e Galicia Press tralo evento transfronterizo de peche do proxecto MarRisk mantido o pasado mes de outubro en Santiago de Compostela.

O proxecto Marrisk naceu coa misión de asegurar un “crecemento intelixente e sostible” das zonas litorais de Galicia e do Norte de Portugal mediante a avaliación dos riscos costeiros máis destacados nun escenario de cambio climático, para mellorar a resiliencia dos sectores económicos tradicionais e doutros emerxentes. Esta foi unha das principais conclusións expostas durante o evento internacional organizado pola Consellería de Medio Ambiente para dar a coñecer os resultados da iniciativa nas súas máis de tres anos de funcionamento.

O proxecto enmárcase dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (Poctep) e está coordinado na Universidade de Vigo polo catedrático Ramón Gómez Gesteira, do Grupo EPhysLab do CIM. Nel participan a Xunta de Galicia a través de MeteoGalicia, o Intecmar e o CETMAR, e outras 10 institucións españolas e portuguesas.

Máis información no Faro de Vigo e en Galicia Press.