III edición do Curso “ICEMAR: Especialista de Innovación Competitividad y Emprendimiento en torno al Mar”

Unha boa estratexia de desenvolvemento profesional é determinante na formación de futuros cidadáns integrais, capaces de comprender os continuos cambios da súa contorna e de ser partícipes activo destes cambios. O mar é un dos principais sectores estratéxicos de Galicia. Somos unha potencia mundial, referente en actividades crave que dinamizan o mercado a partir da innovación e o saber facer das empresas galegas.

O curso “ICEMAR” ofrece unha oportunidade única para traballar cos mellores sen saír da casa. O curso, de 6 meses de duración (80 horas de obradoiros formativos, 80 horas de formación outdoor training, 20 horas de maridaxe, 60 h de visitas a ferias e empresas e 200 horas de prácticas curriculares en empresas) está dirixido a titulados/as universitarios de calquera disciplina, alumnos/as de grao ou equivalente pertencentes a calquera facultade ou escola e profesionais relacionados ou con interese na especialidade do título.

Obxectivos:

  • Proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado identificar intereses, habilidades, valores e características persoais que melloren a súa empregabilidade.
  • Facilitar metodoloxías para axudar ao alumnado a planificar activamente a consecución dos teus obxectivos profesionais, potenciando a responsabilidade social e persoal.
  • Brindar unha visión completa dos sectores que se desenvolven en torno ao mar.
  • Facilitar a conexión entre a capacitación profesional e as necesidades dos sectores empresariais que desenvolven a súa actividade en torno ao mar.
  • Completar o curriculum universitario dos egresados universitarios en disciplinas que facilitarán a súa inserción nalgún dos moitos sectores que se desenvolven en torno ao mar.
  • Axudar a identificar e coñecer o uso de tecnoloxías emerxentes que teñan un valor significativo e impacto no sector mariño e marítimo
  • Promover o espírito emprendedor para que este frutifique no sector marítimo.

Máis información e INSCRICIÓNS

Matrícula aberta ata o 17 de xaneiro

Máis información e inscricións na páxina web do ICEMAR ou en Buvela.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)