Os días 30 e 31 de outubro de 2018 celébrase na ECIMAT o curso “Introdución ás ferramentas bioinformáticas para investigación“, organizado por persoal do grupo de investigación de Ecoloxía Costeira do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e impartido polo Dr. Alberto Molares, técnico bioinformático integrado no grupo de ecotoxicología mariña.
O curso está dirixido preferentemente a investigadores/as en ciencias mariñas que necesiten mellorar as súas habilidades no manexo de grandes bases de datos de información biolóxica e no uso de grandes volumes de datos. No curso mostraranse as ferramentas bioinformáticas máis usadas e de acceso totalmente libre, para o manexo de datos xenómicos, transcriptómicos, proteómicos, etc.
A actividade formativa, de 4 horas de duración, é gratuíta para os destinatarios e transcorrerá en horario de mañá para facilitar a asistencia. O aforamento será limitado a 10 alumnos. As inscricións estarán abertas ata o 23 de outubro de 2018. Para matricularse é necesario enviar correo electrónico co seu nome e afiliación actual a amolares@uvigo.es.