A ECIMAT acolle en outubro un curso de formación para empregados do sector acuícola

fondo peces web

Os días 24 e 25 de outubro de 2018 celébrase na ECIMAT o curso “Innovación e sustentabilidade no sector acuícola: boas prácticas, novas tecnoloxías e eco-eficiencia“, organizado por ARIEMA Enerxía e Medio S. L., co apoio de Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e o Campus do Mar.

O curso enmárcase dentro do proxecto “SEMILLA. Formación y asesoramiento al sector agrícola y acuícola en sostenibilidad, eficiencia e innovación” e está dirixido preferentemente a traballadores e traballadoras do sector acuícola. Nel abordaranse aspectos de posicionamento do sector, prioridades de I+D+i, eficiencia enerxética, acuicultura sustentable, nutrición, residuos e saúde animal, co obxectivo de dotar aos traballadores do sector de coñecementos que aumenten a súa concienciación ambiental achegando ademais novos modelos que aumentan a sustentabilidade da produción acuícola.

A actividade formativa, de 10 horas de duración, é gratuíta para os destinatarios e transcorrerá en horario de tarde para facilitar a asistencia.

As inscricións estarán abertas ata o 22 de outubro de 2018. Para matricularse é necesario enviar o formulario de solicitude de participación a semillafb@ariema.com junto coa documentación requerida no mesmo.

Descargar Programa e información

Banner