O luns 9 de outubro Roger Butlin presentará na facultade de Ciencias a conferencia titulada “Adaptation and speciation in Littorina”

Snails c

O vindeiro luns 9 de outubro, Roger Butlin, catedrático en Bioloxía Evolutiva da University of Sheffield e profesor convidado da University of Gothenburg, presentará, nunha nova sesión do ciclo de conferencias “Café con Sal”, a conferencia titulada “Adaptation and speciation in Littorina”.

Roger Butlin centrou a súa carreira no estudo das bases xenéticas e a evolución das barreiras ao fluxo génico durante o proceso de especiación. Aínda que durante a súa traxectoria traballou cun amplo número de organismos, especialmente saltamontes, o seu actual proxecto BARRIERS, financiado por unha ERC Advanced Grant (European Research Council), céntrase no estudo do proceso de especiación no caracol mariño Littorina saxatilis. BARRIERS está a levar a cabo unha parte importante do traballo de campo e experimental nas instalacións da EMBRC (European Marine Biological Resource Centre) de Vigo (ECIMAT; EMBRC-Spain) e de Roscoff (Station Biologique Roscoff; EMBRC-France). Na ECIMAT, o seu grupo colabora con Emilio Rolán e Juan Galindo do grupo de investigación de Xenética de Poboacións e Citoxenética, co obxectivo de estudar a base xenética da diverxencia e o grao de illamento reprodutivo na zona híbrida de L. saxatilis nas costas galegas e estes resultados serán comparados cunha zona híbrida similar en Suecia.

Durante a súa conferencia, Roger Butlin describirá as análises que está a realizar na zona híbrida entre ecotipos diverxentes de L. saxatilis e falará de como a análise das clinas pode axudar a determinar a arquitectura xenética dos loci influenciados pola selección natural, o cal é fundamental na evolución do illamento reprodutivo.

A conferencia terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo ás 11:00h e será retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html estando posteriormente dispoñible nas nosas páxinas web e redes sociais.

https://tv.campusdomar.es/
https://tv.uvigo.es/
https://ecimat.uvigo.es/gl/ciclo-conferencias-cafe-con-sal.html

Equipo Roger peq

Juan Galindo, Roger Butlin e o seu equipo na ECIMAT

Ver cartel da conferencia