“Turbidity values at Ulla River: an approach for its prediction”, 2 de febreiro na ECIMAT

Este xoves día 2 de febreiro ás 11:00 h Jose González, doutor en Oceanografía pola Universidade de Vigo e responsable do servizo de Oceanografía da ECIMAT, nos presentará o seu traballo desenvolto co grupo de Oceanografía Física coa conferencia titulada “Turbidity values at Ulla River: an approach for its prediction“.

O traballo de investigación englóbase baixo o proxecto “Supervisión, gestión y análisis mensual de los datos de turbidez y corrientes en el cauce del Río Ulla”, cuxo obxectivo principal foi estudar a variabilidade da turbidez do Río Ulla para coñecer de que factores depende e dar un paso máis cara á predición da súa variabilidade. O traballo foi dirixido por Ramiro Varela e financiado pola “Dirección General de Ferrocarriles del Ministerio de Fomento”.

Para mais información sobre este traballo visite o noso blogue.

Ver programa completo do Ciclo de Conferencias Científicas Café con Sal.

Ver cartel da presentación de Jose González.

Os esperamos na ECIMAT.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)