Este xoves 19 de maio ás 11:00 h, no salón de actos da ECIMAT, continúa a VI edición do Programa Café con Sal. Nesta ocasión será José Luis Soengas, catedrático da Universidade de Vigo e investigador principal do grupo de Fisioloxía de peixes e a súa aplicación en acuicultura (http://fisioloxiapeixes.webs.uvigo.es/index.html), quen nos presentará parte dos seus estudos coa troita arco iris, o linguado, o rodaballo ou o peixe cebra coa charla titulada “Mecanismos implicados no control da inxesta en peixes“.
Ver programa completo das presentacións Café con Sal.
Ver cartel da presentación de José Luis Soengas.
Esperamosvos na ECIMAT.