Interacción entre altos niveis de CO2 e materia orgánica no metabolismo bacteriano

Antonio 2

Este xoves 5 de maio ás 11:00h, no salón de actos da ECIMAT, terá lugar unha nova sesión do Programa Café con Sal. Esta vez será Antonio Fuentes Lema, investigador do grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade de Vigo, quen nos presentará parte dos resultados da súa tese doutoral coa conferencia titulada “Interacción entre altos niveles de CO2 e materia orgánica no metabolismo bacteriano“.

Ver programa completo.

Ver cartel da presentación de Antonio Fuentes.

Esperamosvos na ECIMAT.