Conferencia “Forecasting and hindcasting clam mortality in Galicia”, 1 de xuño na ECIMAT

O vindeiro mércores 1 de xuño ás 11:00 h na ECIMAT, David Wethey e Sarah Woodin, doutores e profesores do Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de South Carolina, presentarannos a conferencia titulada “Forecasting and hindcasting clam mortality in Galicia“.

Ambos poñentes teñen unha longa traxectoria no estudo do cambio climático e os seus efectos sobre a abundancia, distribución, dinámica poboacional e comportamento de organismos mariños, investigación financiada pola NASA e the US National Science Foundation.

A conferencia centrarase no traballo de investigación que David Wethey e Sarah Woodin veñen realizando durante os últimos anos en colaboración con Elsa Vázquez e Celia Olabarría do grupo de Ecoloxía Costeira da Universidade de Vigo baixo o proxecto MARISCO (“Bancos de marisqueo en Galicia: prevención de riesgos producidos por eventos extremos sobre especies comercialmente importantes”). Este proxecto combina experimentos de campo e laboratorio con modelos meteorolóxicos e oceanográficos de Meteogalicia co fin de predicir a mortalidade e os efectos subletales dos eventos de baixas salinidades e as ondas de calor sobre as poboacións comerciais de ameixas nos bancos marisqueiros de Galicia. O proxecto conta co respaldo do Ministerio de Economía y Competitividad (Programa Estatal de I+D+I Orientado a los Retos de la Sociedad) e a colaboración das Universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, the University of South Carolina, a Consellería do Mar e tres confrarías da provincia -Redondela, Bueu e Cambados-.

Esta charla englóbase dentro da VI edición do Programa Café con Sal (ver programa completo), polo que como cada xornada haberá tempo para preguntas e debates e café e aperitivos para todos os asistentes.

Ver cartel da presentación de David Wethey e Sarah Woodin.

Esperámosvos na ECIMAT.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)