A pesar de que os individuos adultos de langosta son grandes coñecidos polo público debido a que son considerados manxar culinario, podendo encontrarse na carta de moitos restaurantes, pouco sábese dos hábitos destes organismos no seu ciclo de vida.
O seu gran valor económico ocasionou unha grande extracción destes animais e reduciu o número de individuos. Por iso, o cultivo destes organismos sería de gran valor, non só económico, senón para aumentar o coñecemento sobre o seu ciclo de vida, e en termos de biodiversidade, posibilitar o repoboación en zonas de reserva biolóxica e sectores onde a sobreexplotación esquilmou estas especies.
Un dos aspectos máis desafiantes para os investigadores destes organismos reside en aumentar a supervivencia na súa etapa larvaria, factor altamente limitante para o seu cultivo. A determinación dunha dieta adecuada, xunto con outros aspectos importantes para o cultivo dunhas criaturas tan delicadas, posibilitará tanto a súa produción en acuicultura coma o seu repoboación en zonas nas que, como sucede nas nosas costas galegas, a sobreexplotación pesqueira esquilmou estes estraños e apetitosos seres vivos.
A unidade de Medio Mariño da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) leva anos tratando de optimizar o cultivo larvario de lagosta, e determinar unha dieta axeitada para aumentar a súa supervivencia.
Máis información en:
https://oceanoecimat.wordpress.com/2015/07/08/el-cultivo-de-la-langosta-un-reto-de-futuro/