Do 16 ao 19 de marzo de 2015, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) acollerá a oitava edición do Curso de Diagnóstico de Patoloxía Pesqueira. Esta edición, organizada pola Fundación FEUGA en colaboración coa ECIMAT-Universidade de Vigo, o Servizo de Diagnóstico de Patoloxía Pesqueira da Universidade Autónoma de Barcelona e Skretting España SA, ten como obxectivo proporcionar aos participantes unha visión xeral completa, detallada e integrada, das principais ferramentas de diagnóstico dispoñibles para identificar e avaliar os problemas de saúde dos peixes.
O curso está deseñado para persoas con experiencia en patoloxía e xestión sanitaria de peixes que desexen afondar nas principais técnicas de diagnóstico e, sobre todo, aprender a seleccionar as máis axeitadas, usalas eficazmente e avaliar adecuadamente os resultados obtidos. Este curso tamén se basea na interacción entre os participantes e o instrutor. Desde o principio, animarase aos participantes a colaborar e traballar en equipo en casos clínicos simulados baseados en escenarios da vida real de diferente dificultade e complexidade, o que lle engade un valor significativo ao curso. Trátase dunha nova edición baseada no exitoso curso celebrado en 2012 na ECIMAT, ao que lle engadimos algunhas melloras para que sexa o máis práctico posible.
Más información e inscripciones cdpp.myhappyfish.com