Fai xa cinco anos, a ECIMAT conseguiu incorporarse á Rede Europea de Estacións Mariñas (MARS), e ano tras ano viuse acadando un maior protagonismo na mesma, feito reflictido na participación en 2014 da ECIMAT nun consorcio Europeo candidato a acadar financiamento do programa H2020 para Infrestruturas de Investigación.
Este protagonismo ven de ser refrendado con o recente nomeamento do Director da ECIMAT, Jesús Souza Troncoso, como membro do comité executivo da rede.
MARS naceu fai case dúas décadas con o obxectivo de constituir una rede de estacións mariñas a escala europea que pudera contribuir na definición de estratexias de Investigación que serviran de contrapunto á crecente fragmentación da comunidade científica mariña e á crecente dificultade competitiva das estacións mariñas de cara a acadar recursos.
MARS é a día de hoxe unha plataforma de cooperación entre directores e operadores de estacións de investigación mariña que ten servido para o desenvolvimento dunha exitosa política de investigación mariña que resultou no financiamento de varios programas e proxectos internacionais e que facilitou importantes avances na ciencia mariña.
Máis información en http://www.marsnetwork.org/