A Agrupación Océano-Ecimat organiza o curso Introducción a MATLAB para oceanógrafos
Fechas:
27-31 de outubro de 2014
Matrícula:
Hai 20 prazas dispoñibles para participar no curso. Darase prioridade aos investigadores pertencentes a grupos de investigación do Grupo Océano-Ecimat. A data límite de inscrición é o 17 de outubro de 2014. Para inscribirse, prema AQUÍ.
Horario:
De 9:00 a 13:30
Custo:
100 € (Os investigadores afiliados a Grupos de Investigación do Grupo Océano-Ecimat poden solicitar o financiamento do 100 % da taxa de inscrición ao Grupo).
O curso constará de 5 sesións de 4 horas cada unha. As clases abarcarán os temas que se indican a continuación (suxeitos a pequenas modificacións), que se impartirán simultaneamente con exercicios prácticos.
ESQUEMA DO CURSO
1. INTRODUCIÓN
Por que Matlab? Vantaxes e desvantaxes.
Referencias e documentación en liña.
Entorno Matlab
Configuración, comando de axuda, tipos de ficheiros (startup.m), comentarios, tempo de cálculo.
2. VARIABLES
O meu primeiro programa: “Ola mundo”.
Constantes. O valor NaN.
Matrizes
Vectores
Matrices. Matriz baleira.
Operadores aritméticos.
Substitución de valores en vectores e matrices.
Dimensións, concatenación e transposición de matrices. Redimensionamento de matrices (repmat, reshape)
Estruturas, celas, matrices de celas.
3. FUNCIÓNS
Características xerais. Comandos vs. Funcións.
Argumentos opcionais (handle).
Axuda de funcións.
4. PROGRAMACIÓN
Operadores lóxicos
Fluxo de programación: Ramificacións e bucles (if…else, for, while, switch, try…catch)
Vectorización de bucles
Ler e escribir datos (input, disp)
Ler e escribir ficheiros:
i. Formato de Matlab
ii. Ficheiros de texto, formatado de datos
iii. Follas de cálculo de Excel
iv. Ficheiros NetCDF
v. Manexo de datas
vi. Procesamento de varios ficheiros
Recomendacións xerais de programación
5. VISUALIZACIÓN DE DATOS
Gráficos 2D (diagramas de dispersión, histogramas, contornos)
Gráficos 3D
Interpolación
Control de figuras (subdiagramas)
Exportación de figuras
Acerca do instrutor:
O Dr. Pablo Otero é oceanógrafo físico e especialista en modelaxe oceánica, un campo no que empregou amplamente MATLAB como ferramenta de procesamento e visualización de datos. Traballou no Instituto Español de Oceanografía (IEO) e na Fundación CETMAR e é profesor no Máster en Oceanografía da Universidade de Vigo.
IR AO FORMULARIO DE MATRÍCULA