O 29 de Xullo, ás 11 dá mañá, Estefanía Paredes defenderá a sua Tese Doutoral na ECIMAT:
Cryopreservation of marine invertebrate early-life stages : application in marine quality assessment and aquaculture
Esta tese consiste no desenvolvemento de protocolos de criopreservación para estados temperáns de desenvolvemento de especies de invertebrados mariños: ourizo de mar Paracentrotus lividus, ostra Crassostrea gigas e dúas especies de mexillón, Mytilus galloprovincialis e Perna canaliculus.
Os programas de seguimento da contaminación mariña integran métodos tradicionais de análise química con parámetros biolóxicos para a avaliación da contaminación mariña como os bioensaios embrio-larvarios. A aplicación de protocolos de criopreservación para estados temperáns de desenvolvemento de ourizo de mar permite solucionar un dos maiores inconvenientes para o amplo uso dos bioensayos como ferramenta ecotoxicolóxica, superar a variabilidade estacional de acceso ao material biolóxico de calidade.
A criopreservación é unha ferramenta moi útil tamén para a produción acuícola de especies mariñas asegurando unha fonte continua de stock ao longo de todo o ano sen necesidade de acondicionamento de reprodutores para a reprodución fóra de tempada e permite o cruzamento de liñas parenterais de diferentes anos.
Director de tese: Juan Bellas Bereijo (IEO)
Titor de tese: Ricardo Beiras