Seminario Team-Miño

foto_team_minho_lanzamiento_web

O próximo día 11 de xaneiro terá lugar nas dependencias do CETMAR, en Vigo, o seminario “Implementación de la Directiva Marco de Aguas en el estuario del Río Miño: condiciones de referencia y evaluación del estado ecológico” onde se presentarán algúns dos resultados do proyecto TEAM-miño (Transferencia de herramientas para la Evaluación Ordenación, Gestión y Educación Ambiental en Estuarios). Este proxecto reúne os socios científicos e as administracións hidráulicas de ambas orillas do río Miño co fin de desenvolver ferramentas comúns para a implementación coordinada da Directiva Marco da Auga no estuario. O obxetivo principal é o establecemento de criterios científicos homoxéneos, válidos para España e Portugal, que permitan a tipificación, referenciado e clasificación do estado ecolóxico das masas de auga de transición do sur de Galicia e norte de Portugal, así como a transferencia dos resultados ás institucións públicas competentes, axentes sociais locais e a sociedade en xeral, coa finalidade de colaborar na implantación da DMA establecendo un marco para a proteción efectiva das augas de transición.

A asistencia ao seminario será gratuita por riguroso orden de inscrición vía web na dirección: http://www.cetmar.org/seminarios/Team-Minho/ (Data límite de inscripción: 10/01/2013 ata ás 13:00h)

Programa