Conferencias Día da Acuicultura

001b

O pasado venres 30 de novembro celebrouse por vez primeira na ECIMAT a xornada de conferencias “Día da Acuicultura” coa asistencia de investigadores e profesionais do sector acuícola. A apertura das xornadas correu a cargo do Director da ECIMAT Ricardo Beiras, que animou aos asistentes a continuar a traballar conxuntamente, xa que a investigación e a innovación representan os principais camiños de cara a sair da delicada situación económica que estamos a vivir.

Cristóbal Aguilera Director de Desenvolvemento de Innovación do IRTA (Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentaria da Generalitat de Catalunya) expuxo o modelo de transferencia que se está a aplicar no IRTA e que supón un claro referente nesta materia no sector acuícula, xa non so a nivel estatal senón internacionalmente.

003b

 

A continuación Tito Peleteiro e Blanca Álvarez-Blázquez, investigadores do Instituto Español de Oceanografía, presentaron os resultados do proxecto “Caracterización de la Calidad del Pescado de Crianza”, na que quedou de manifesto a importancia de traballar en mellorar a imaxe dos produtos de cultivo.

005b

Tras a pausa para o Café, a investigadora do Servei de Diagnostic Patologic de Peixos da UAB (Universitat Autònoma de Barcelona) María Constenla expuxo os avances no coñecemento dunha patoloxía emerxente no linguado de cultivo causada por amebas que provocan unha infección sistémica cuxo principal síntoma é a formación de nódulos principalmente no tecido muscular dos peixes afectados e que a pesar de non provocar mortalidade deminúe a calidade do produto ata facelo non apto para a comercialización.

006b

A última das ponencias correu a cargo de Ana Otero, investigadora da USC (Universidade de Santiago de Compostela), na que presentou resultados moi prometedores do traballo que está a levar a cabo o seu grupo de investigación na Interceptación da comunicación bacteriana coma alternativa á utilización de antibióticos en acuicultura.

007b

Valentín Trujillo, Director do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO (Instituto Español de Oceanografía) pechou á xornada resaltando a importancia deste tipo de xornadas de divulgación científica para conectar coa sociedade, unha faceta que moitas veces non se cuida todo o que se debería.

Como colofón final, o laboratorio número 5 da ECIMAT convertiuse por un día en cociña, na cal o chef local Simus preparou para tódolos asistentes un espectacular menú de produtos de crianza.

011b 010b 012b
009b 013b 014b