Instalación da Estación Meteorolóxica do Observatorio Oceanográfico de Toralla

Dende o día 5 de novembro a ECIMAT xa conta cunha monitorización en tempo real das variables meteorolóxicas. Os sensores instalados forman parte da estación de monitorización en tempo real do Observatorio Oceanográ?co de Toralla, a cal se atopa instalada no pantalán da ECIMAT.

Esta estación atópase actualmente funcionando en modo de probas e conta cunha sonda de temperatura e humidade relativa do aire, un sensor de velocidade e dirección do vento e un sensor de irradiancia. Unha vez remate o periodo de probas, os datos estarán dispoñibles vía web, cunha frecuencia de 10 minutos.

Esta iniciativa, coordinada polo Grupo de Oceanografía Física e con ?nanciamento procedente da Convocatoria de Axudas para a Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas do SUG (Consellería de Educación – Xunta de Galicia; Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), completarase en próximas datas coa instalación de sensores oceanográ?cos para a determinación de correntes, temperatura e salinidade, entre outras variables.

Máis información Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo (GOFUVI)

meteo-1

erdf-tny

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)