Día da Acuicultura

dia-acuic

 

O vindeiro 30 de novembro, con motivo da celebración do Día da Acuicultura, o Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía) e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT – Universidade de Vigo) organizan unha serie de conferencias que tratarán acerca de temas de actualidade na investigación en Acuicultura.

Estas conferencias dirixidas a profesionais do sector acuícola en Galicia, pretenden contribuir á divulgación da Investigación en materia de acuicultura e a promover un lugar de encontro entre profesionais do noso sector.

A actividade enmárcanse dentro da iniciativa “Día de la Acuicultura” promovida pola Fundación Observatorio Nacional de la Acuicultura, cuxo obxectivo é o de trasladar á sociedade a importancia da Acuicultura no noso país e o compromiso desta co desenvolvemento sustentable, a I+D+i e a creación de riqueza e benestar nas zonas rurais e no litoral.

Pódese descargar o programa das conferencias no seguinte vínculo:

Programa “Día da Acuicultura”

ieo-tny ecm-uvigo-89 aeoe-tny
barlovento-tny mini_isidrodelacal PESCAFRESCA-tny