Representantes da Ocean University of China visitan a ECIMAT

A Ocean University of China visitou neste mes de setembro a ECIMAT, entre outros centros de investigación galegos e portugueses e universidades que conforman a agrupación mariña do Campus do Mar. O obxectivo destas visitas foi o de establecer vías de colaboración entre o Campus do Mar e a Ocean University of China que se poderían traducir nunha futura formalización de acordos. Neste senso, o director do Campus do Mar, Emilio Fernández, considera que despois desta visita “abriuse unha porta a firmar protocolos de colaboración a medio prazo, pero tras un necesario proceso de coñecemento mutuo entre investigadores”.

Máis información na web do Campus do Mar.

Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)