O Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo (GOFUVI) ven de instalar duas estacións de radar de alta frecuencia (HF) na Ría de Vigo, coa colaboración da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) e do Porto de Vigo. Este sistema, que proporciona medidas de corrente superficial na Ría, en tempo real e con unha frecuencia de 30 minutos, e resolución espacial duns 300m, é o primeiro que existe en España capaz de medir correntes á escala da Ría de Vigo. Este radar HF foi instalado en 2010 e tras pasar un periodo de funcionamento en probas, se atopa na actualidade plenamente operativo.
Esta iniciativa reforzará significativamente a capacidade de observación oceanográfica ao producir en tempo real e en continuo mapas de correntes superficiais. Estos mapas son de gran valor, non só para determinar as traxectorias de posibles flotantes senón que, en combinación con modelos e outros datos meteorolóxicos, son extremadamente relevantes para o pronóstico e a comprensión dos procesos costeiros.
Non obstante, nunha rexión tan vinculada económica e socialmente ao mar como é o entrono da Ría de Vigo, o interese do radar HF non se limita ao ámbito científico, senón que se trata dunha ferramenta de gran potencial para a xestión sustentable do litoral. Deste xeito, os datos obtidos poderán ser empregados para o seguimento e planificación de actividades portuarias (Ex. dragados), obras de inxeniería de costas (construcción de diques, etc.), xestión de ecosistemas mariños e pesquerías (transporte de sedimentos, xestión de praias, etc.), sistemas de axuda á navegación, tanto profesional como recreativa, elaboración e mellora dos modelos predictivos e na xestión de crisis, como poden ser as orixinadas por verquidos no medio mariño, ou en operacións de salvamento marítimo.
Cabe destacar o carácter público destes datos, que serán distribuidos en tempo real a través de Internet.
Más información
Grupo de Oceanografía Física Universidade de Vigo
Estación de Ciencias Mariñas de Toralla
Illa de Toralla s/n
Vigo 36331
Correo-e: josegonzalez@uvigo.es