Xornadas de Explotación Sustentable

cabez2

 

A ECIMAT organiza os vindeiros 29 e 30 de Xuño as xornadas “Explotación sustentable de Recursos Marisqueiros e Acuícolas” na Sede Naútica de Caixa Galicia en Sanxenxo (ver mapa).

As xornadas, patrocinadas por Caixa Galicia, exploran a utilización de ferramentas que permitan controlar e/ou diversificar a explotación, reducir o impacto ou mellorar a eficiencia das actividades acuícolas e marisqueiras co obxectivo de garantir a súa sustentabilidade.

Pódese descargar o programa das xornadas aquí.

A participación nas xornadas é aberta e gratuita, debido aá limitación de aforo os interesados en asistir deben cumplimentar o formulario de inscrición e envialo por correo electrónico a ecimat2@uvigo.es.