Curso de Xestión de Explotacións Acuícolas

logo_invacuic

III Edición do Curso de Extensión Universitaria “Xestión de Explotacións Acuícolas”

A ECIMAT acolle entre os días 21 e 29 de Xuño a terceira edición do curso de extensión universitaria “Xestión de Explotacións Acuícolas”, organizado polo Grupo de Investigacións Económicas en Acuicultura (INVACUIC).

O curso permitirá aos alumnos acadar unha visión amplia de tódolos aspectos relacionados coa xestión de empresas adicadas aos cultivos mariños, xa sexan en instalacións en terra coma en instalacións en mar aberto. Abarcando ademáis todolos aspectos relacionados coa posta no mercado do producto.

A presente edición contará coa participación tanto de profesores universitarios coma de representantes de empresas do sector e das administracións competentes en materia de cultivos mariños.

Podedes descargar o programa aquí.

Información adicional en http://webs.uvigo.es/acuicultura/