Investigadora da Universidade de Vigo obtén o recoñecemento ao mellor póster en Aquaculture Europe 2009

A investigadora, Marta Miñambres, do Grupo de Recursos Xenéticos Mariños da Universidade de Vigo pertencente á Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT, obtivo o premio ao mellor panel presentado por un estudante durante a celebración do congreso Aquaculture Europe 2009 (AE2009), en Trondheim, Noruega…

grupo-genetica-universidad-vigo

A investigadora, Marta Miñambres, do Grupo de Recursos Xenéticos Mariños da Universidade de Vigo pertencente á Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT, obtivo o premio ao mellor panel presentado por un estudante durante a celebración do congreso Aquaculture Europe 2009 (AE2009), en Trondheim, Noruega, polo traballo “Selección temperá de ratios de crecemento en Mytilus galloprovincialis en cultivos de long -lines“.

Na foto aparecen algúns integrantes do equipo investigador
Pablo Presa, Marta Miñambres, Montserrat Pérez e Alfonso Pita.

 

Trátase dun traballo pioneiro sobre o desenvolvemento do mexillón cultivado en long – lines, no que se establece a dinámica de crecemento deste en novos sistemas de bolsas somerxidas en alta mar, para a obtención do galardón tívose en conta a dificultade do estudo nas adversas condicións do Mar de Alboran.

O principal interese do presente estudo é o de clarificar se a selección temperá de meixela pode servir para facer cultivo en criadeiro dos exemplares que crecen máis rapidamente, para posteriormente, seguindo o criterio de mellor crecemento optimizar a produtividade do cultivo en batea.