PLATAFORMA GALEGA DE ACUICULTURA (PTXGA)

 

PROXIMAMENTE :

XORNADA “OPORTUNIDADES DE COLABORACIÓN NAS PLATAFORMAS TECNOLÓXICAS GALEGAS DE ACUICULTURA E PESCA”

 

  Dentro do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (IN.CI.TE), o 13 de Maio de 2008 creouse a Plataforma Galega Acuicultura (PTXGA), promovida polo Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura (CETGA). 

 A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), é membro e socio fundador desta plataforma, entendéndoa como un instrumento específico que reúne aos axentes máis representativos do sector acuícola galego (polo de agora só do sector da piscicultura).

 En Galicia, a Acuicultura é, cada vez máis, un dos sectores con maior relevancia socioeconómica. A ECIMAT comparte os obxectivos da PTXGA en canto á correcta planificación, investigación e desenvolvemento estratéxico da acuicultura galega, e entende a PTXGA como un lugar de encontro creador de sinerxias co sector: empresas, centros de investigación, Administración e Universidades.

 

1. Documento de Visión 2030

 

2. Axenda Estratéxica 

 

3. Estatutos

 

4. Comité Xestor 2008-2009

 

5. Catálogo de Capacidades da PTXGA

 

6.  Capacidades da ECIMAT

 

7. Protocolo dos grupos de traballo

 

8. Solicitude de grupo de traballo

 

 

Para obter máis información sobre a PTXGA podes consultar a web da Plataforma: http://www.ptxga.org/